A. GNU/ Linux Debian e distribucións derivadas
Para que as utilidades funcionen en Debian, o sistema debe ter instalados Python3, pip e python3-venv. Podes instalar estes programas usando o terminal ou un xestor de paquetes como Synaptic.
Primeiro, verifica se Python e pip xa están instalados:
Bash
python3 --version
pip3 --version
Se non estiveren instalados, ou se as versións non son as adecuadas, procede coa instalación das seguintes ferramentas, incluíndo a versión de desenvolvemento de Qt, necesaria para o proxecto.
Bash
sudo apt update
sudo apt install python3 python3-pip python3-venv
sudo apt install qt6-base-dev libqt6core6 libqt6gui6 libqt6widgets6 libqt6dbus6
Despois de instalar os paquetes, é recomendable reiniciar o teu computador para que os cambios se apliquen correctamente.
Cando volvas abrir o terminal, é posible que a orde python non funcione directamente, pero si a orde python3. Para evitar ter que escribir python3 sempre, podes crear un alias. Isto fará que o teu sistema entenda python como un sinónimo de python3.
Bash
nano ~/.bashrc
e engadimos
alias python='python3'
(para gardar Ctrl+o e para saír Ctrl+x)
Para que este alias se manteña cada vez que abras o terminal, terás que engadilo ao teu ficheiro de configuración de shell (.bashrc ou .zshrc, por exemplo).
B. MS Windows
Instalación de Python
Para que as utilidades de Piztu funcionen correctamente, debes instalar os seguintes programas no teu computador, se aínda non os tes. Non te preocupes se non os coñeces, son ferramentas necesarias para que Piztu execute os seus scripts.
- Python Para descargar Python, só tes que ir á páxina oficial. Neste momento, a última versión estable é a 3.13.5, pero pode haber versións máis recentes dispoñibles.https://www.python.org/downloads/Atención: Durante a instalación, é moi importante marcar a caixa “Add python.exe to PATH”. Esta opción permite que o sistema atope e use Python de forma automática. Se non a marcas, as utilidades de Piztu non funcionarán correctamente.

Se prememos en Customize installation obteremos as seguinte vista:


Despois de instalar o programa, debes reiniciar o computador. A seguir, comproba a versión de Python instalada para confirmar que a instalación se realizou correctamente.
python --version
Python 3.13.5
pip --version
pip 25.1.1 from C:\Program Files\Python313\Lib\site-packages\pip (python 3.13)
2. Paquetes redistribuibles Visual C++
E por último tamén teremos que instalar unha pequena utilidade para Windows
https://www.microsoft.com/es-es/download/details.aspx?id=40784

