Para a programación, é moi útil ter un calendario de todo o curso onde estean definidos os días non lectivos, segundo o calendario oficial de ensino da Comunidade Autónoma.
A partir do documento xerado no apartado anterior, onde aparecen as unidades didácticas e as sesións programadas para cada unha delas:
- Unidade 1: Técnicas de representación gráfica (15 sesións)
- Unidade 2: O método de proxectos (15 sesións)
- Unidade 3: Os materiais técnicos e as ferramentas do taller (5 sesións)
- Unidade 4: Os mecanismos (15 sesións)
- Unidade 5: A electricidade e electrónica básica (15 sesións)
- Unidade 6: Programación (15 sesións)
- Unidade 7: Sistemas de control e robots (15 sesións)
- Unidade 8: Utilización das TIC (5 sesións)
Ademais, usando o ficheiro co horario, o programa facilítache unha visión global do curso, na que cada unidade didáctica aparece cunha cor diferente. O script presupón que as unidades se imparten de forma secuencial e non se adapta a situacións nas que se traballan dúas unidades en paralelo.

Os cadros dos días nos que non impartes a materia nese grupo aparecen en branco, mentres que os días non lectivos aparecen en verde.
