Con Piztu, podes usar un diario de aula. Deste xeito, podes rexistrar as anotacións de cada sesión, como a unidade didáctica, as actividades e os contidos traballados co grupo.
Para iso, segue estes pasos:
- DirÃxete á columna da esquerda.
- Desprega o cartafol
Materias. - Abre o subcartafol do teu grupo.
- Entra no cartafol do mes correspondente.
- Finalmente, abre o ficheiro coa data da sesión.
O primeiro que debes facer é cubrir o cabeceiro (código YAML) coa unidade didáctica que traballaches nesa sesión. Por exemplo: Electricidade.

E xa no corpo da nota os contidos especÃficos da unidade didáctica.

Deste xeito, podes ir completando a información de todas as túas sesións de clase.
Xeración de informes
Abre o script Informe materia. O primeiro paso é escoller o teu LLM preferido e, a seguir, a materia.
A partir de aÃ, podes filtrar a información para obter dous tipos de informes:
- Por data: Obterás un informe útil para completar o libro de actas do departamento.
- Por unidade didáctica: Obterás un informe que che servirá para o seguimento por unidade didáctica en Proens.

A. Filtrando por data
Se queres obter a información para completar o libro de actas, escolle as datas desde o primeiro ata o último dÃa do mes.

O script percorre todas as notas publicadas na materia correspondente. Ao premer no botón “Filtrar”, as notas aparecerán no cadro de Notas rexistradas.
Para usar o prompt predefinido pola aplicación, preme no botón “Xerar prompt”.
Finalmente, preme no botón “Enviar prompt á IA”. O LLM devolverache o informe elaborado segundo as instrucións que definiches no prompt e as caracterÃsticas propias do provedor de IA. O resultado pode ser o seguinte:
A unidade didáctica de TEC2A comezou o dÃa 3 de novembro de 2025 e estendeuse ata o 28 de novembro do mesmo ano. Durante este perÃodo, traballáronse diversos contidos e actividades relacionados coa electricidade e os circuÃtos eléctricos, combinando teorÃa, prácticas e uso de ferramentas dixitais. O primeiro dÃa, o 3 de novembro, introducÃronse os conceptos básicos da electricidade, como a configuración do átomo, a voltaxe, a intensidade e a resistencia. O 4 de novembro estudouse a lei de Ohm e realizouse unha práctica no taller para medir con polÃmetro. O dÃa 5 traballouse o cálculo da resistencia equivalente en circuÃtos en serie e utilizouse un simulador de electrónica na aula de informática. O 6 de novembro continuou co cálculo de resistencias en circuÃtos en paralelo, tamén con prácticas no simulador. O 7 de novembro abordáronse os circuÃtos mixtos e realizouse unha actividade práctica no taller, consistente no cableado dunha maqueta de vivenda feita en cartón-pluma. Finalmente, o 10 de novembro resolveuse unha práctica con exercicios básicos de circuÃtos eléctricos sinxelos, aplicando cálculos fundamentais. Este conxunto de actividades permitiu aos alumnos afianzar os coñecementos teóricos mediante a práctica e o uso de ferramentas especializadas.
B. Filtrado por unidade didáctica
Se desexas filtrar a información por unidade didáctica, verás que a interface cambia lixeiramente. O obxectivo neste caso é facer unha comparación entre o traballado na aula e a programación.
Para iso, preme en “Filtrado por unidade didáctica”.
Importante: Cando introduzas a unidade didáctica, debes usar o mesmo termo que empregaches no cabeceiro das notas.


Ao premer no botón “Filtrar”, verás que no cadro de “Notas rexistradas na aula” aparecen todas as notas que, no cabeceiro (YAML), teñan o termo “Electricidade”, neste exemplo.
Ademais, o script consulta no cartafol Programación e no subcartafol TEC2A a unidade didáctica relacionada con ese termo. A continuación, obtén os datos da programación desa unidade didáctica e móstraos no cadro “Unidade didáctica da programación”.

Continúa premendo en “Xerar o prompt” para obter un prompt de referencia que podes personalizar.
A continuación, preme en “Enviar prompt á IA”. O resultado pode ser o seguinte:
Comparando o contido da unidade didáctica programada para a materia TEC2A sobre "Electricidade" coas notas rexistradas na aula, obsérvase un alto grao de consecución dos obxectivos establecidos na programación, aÃnda que cunha execución concentrada nun perÃodo máis curto do previsto. A programación contempla 15 sesións entre o 27 de xaneiro e o 28 de febreiro de 2025, mentres que as notas reflicten actividades realizadas entre o 3 e o 10 de novembro de 2025, cubrindo os contidos principais en tan só 6 sesións. Os temas tratados nas notas, como os conceptos básicos de electricidade (voltaxe, intensidade, resistencia), a lei de Ohm, os cálculos de resistencias equivalentes en circuÃtos serie, paralelo e mixtos, e as prácticas no taller e con simuladores, aliñanse coa descrición da unidade, que inclúe circuÃtos eléctricos básicos, cálculos de magnitudes eléctricas e montaxe ou simulación de circuÃtos. Ademais, a práctica de cableado dunha maqueta dunha vivenda reflicte o obxectivo de deseñar instalacións sinxelas, cumprindo cos criterios de avaliación relacionados co deseño e montaxe de circuÃtos básicos (CA3.1.3, CA3.2.2). Non obstante, non se observa nas notas mención a contidos de introdución á electrónica ou ao uso de ferramentas dixitais para documentos técnicos (CA5.1.2, CA5.3.3), o que suxire que algúns aspectos da programación poderÃan estar pendentes de desenvolvemento ou non se rexistraron nestas datas. En resumo, a execución parece efectiva nos contidos prácticos e teóricos fundamentais de electricidade, pero serÃa necesario completar os aspectos relacionados coa electrónica e a elaboración de documentación dixital para acadar plenamente os obxectivos programados.
É probable que o informe xerado non se adapte directamente ao seguimento de cada unidade didáctica da aplicación Proens. Por iso, terás que ir adaptando o prompt ata conseguir un informe que che conveña.
Como podes gardar estes informes a medida que os xeras, ao rematar o curso terás un conxunto de textos apropiados para xerar a Memoria da materia, que tamén debes reflectir na aplicación Proens. Debido a que o tamaño do texto está limitado a un número de caracteres, podes usar unha intelixencia artificial para resumilo e adaptalo ao espazo dispoñible.
En resumo, esta aplicación é unha ferramenta que, por unha banda, te obriga a introducir as tarefas e contidos traballados en cada sesión creando un diario de aula e, por outra, facilÃtache a edición dos informes de seguimento.
