Paso 2. Descarga do programa Piztu e instalación

Descarga do programa Piztu

Descarga Piztu a partir do seguinte enderezo:

Para a instalación, só tes que seguir os pasos e premer continuamente en “Seguinte” ata finalizar. No caso da instalación no sistema operativo Windows, probablemente pregunte se o usuario quere que as redes pĆŗblicas e privadas accedan Ć” aplicación api_multiproceso, ao que responderĆ”s afirmativamente.
Se empregas o sistema operativo Windows, unha vez instalado o programa pƩchalo e volves a abrilo e sairƔ unha ventana python solicitando se permites facer cambios no equipo, e respondes que SI. Realmente o que fai Ʃ abrir o porto 8000 da api, para que funcionen os scripts.


Comezar a editar: Compatibilidade con Obsidian e LibreOffice

Unha vez descargado e instalado o programa, xa podes comezar a editar notas, relacionalas entre si e engadir imaxes, hiperligazóns, etc.

Esta interrelación entre notas permite a metodoloxĆ­a Zettelkasten, que Ć© unha excelente forma de manter a información organizada e poder recuperala facilmente. Se buscas o termo “Zettelkasten” en YouTube, atoparĆ”s moitos vĆ­deos explicativos.

Outra das características de Zettlr é que edita en Markdown. Isto garante que terÔs sempre os teus datos dispoñibles, xa que son ficheiros de texto plano con extensión .md que podes abrir con calquera editor (como o Bloco de notas, Gedit, Kate ou TextEdit). Ao non gardarse a información nunha base de datos, nunca perderÔs o acceso Ôs túas notas. Esta é unha gran vantaxe para quen busca ferramentas gratuítas e sinxelas.

Dado que Zettlr xera ficheiros de texto plano, é compatible con Obsidian e con LibreOffice, que soporta Markdown a partir da versión 25.08.

Como Zettlr non dispón de versión para dispositivos móbiles de momento, podes usar Obsidian para consultar ou editar as túas notas. Non obstante, é importante saber que na versión de Obsidian non terÔs acceso Ôs ferramentas de Piztu, xa que estas estÔn programadas especificamente para Zettlr, que é un software de código aberto, a diferenza de Obsidian.


Crear o espazo de traballo (workspace)

Na unidade que prefiras, crea un cartafol novo co explorador de ficheiros de Windows. Neste cartafol gardaranse todas as tĆŗas notas, os datos dos alumnos, etc. Unha vez creado o cartafol, volve a Zettlr e preme en “Pechar espazo de traballo” que teƱas activo e seguidamente pincha en “Abrir espazo de traballo…”.

Após abrir o programa, a columna da esquerda estarĆ” baleira e na da dereita verĆ”s o script “00._Rexistro_e_descarga”. Este script permitirĆ” que te rexistres na aula virtual de Piztu e descargues as utilidades do programa. No seguinte paso, explicaremos como facelo.

Scroll ao inicio