Piztu Docentes emprega a intelixencia artificial en moitos dos seus procesos. Para iso, é preciso ter varios servizos contratados. Piztu funciona como unha ponte que conecta dous programas ou sistemas, facilitando a súa comunicación.
Para entendelo mellor, podes imaxinar que estás nun restaurante. Desde Piztu, pides unhas racións ao camareiro, que serÃa a API. Este camareiro vai á cociña, o motor de intelixencia artificial, e regresa á túa mesa cos deliciosos pratos listos para comer.

Algúns dos servizos son de balde, outros de pago. É evidente que a calidade dos resultados varÃa (non todas as cociñas dos restaurantes ofrecen a mesma calidade nos seus pratos). Correspóndelle ao usuario decidir cales contratar en función do uso que queira darlles.
Ao premer no botón 02.- Xestor api-key ia, terás acceso ás ligazóns para contratar varios servizos. Para comezar, eu recomendarÃa contratar os de Groq (gratuÃto e moi rápido, con lÃmites teóricos), o de Gemini e o de DeepSeek (gratuÃto ata un certo lÃmite).
O procedemento consiste en premer nos hiperligazóns de cor azul que aparecen na pantalla e crear a tua API Key. Unha vez xerada, cópiaa na cela correspondente. A API Key gardarase no ficheiro .env do teu espazo de traballo activo.
Debes ter en conta que estás a manexar datos moi sensibles, polo que é fundamental gardalos nunha unidade segura.
Vexamos dous exemplos para a creación das api-key:
https://wordpress.piztu.org/2025/08/26/groq_api_key/
https://wordpress.piztu.org/2025/08/26/paso-5b-grok_api_key/
