Xestionar ficheiros
AÃnda que a aplicación Piztu xa crea unha nota de datos para cada alumno, é conveniente contar cun sistema para a creación de cantas notas desexemos, como: notas por materia, anotacións de aula (faltas, deberes, comportamento, participación, o caderno, etc.).
Estou convencido de que o feito de apuntar unha corrección ou unha chamada de atención fai que estas teñan máis importancia para o alumno, especialmente se quedan reflectidas nos informes de titorÃa. As correccións orais teñen moito menos peso.
Por exemplo, podemos crear un ficheiro para as notas da materia de TecnoloxÃa. Para iso, preme no botón 03. Xestor ficheiros.

O script crea unha nota para cada un dos alumnos de ESO1A e para a materia MAT1A.
Ademais, se o desexas, podes engadir un texto común a todas as notas que selecciones. Por exemplo, podes introducir o texto “Notas dos exames de matemáticas”.

Na columna da esquerda podemos comprobar que se crear unha nota para os exames de matemáticas

Se abrimos as notas visualizarase o seguinte:

Podes observar que na etiqueta “title” aparece o texto personalizado que engadiches hai un momento.
O script tamén che permite borrar as notas tipo. Por suposto, tamén podes borralas de forma manual na árbore de ficheiros.
