Unha das tarefas máis frecuentes para os docentes é manter informadas ás familias. AÃnda que ás veces se precisa un correo máis longo e detallado, en moitas ocasións chega cunha mensaxe breve a través de Abalar móbil. O reto está en condensar información oficial —como o calendario escolar, reunións ou avisos de última hora— en poucas liñas, sen perder claridade. Se o redactamos a man, pode levar tempo atopar as palabras xustas, revisar posibles erros ou repetir varias veces a mensaxe ata que quede axeitada.

Aquà é onde resulta moi útil recorrer a ferramentas de intelixencia artificial como Perplexity. Basta con indicar a fonte da información (por exemplo, o calendario escolar publicado pola Xunta de Galicia) e pedir que nos xere unha comunicación pensada para ser enviada por Abalar móbil. En segundos obtemos unha proposta clara, concisa e lista para enviar ou revisar.

A vantaxe é evidente: afórrase tempo, evÃtanse erros e conséguese unha mensaxe ben estruturada que chega á familia da forma máis sinxela posible. O docente segue a ter o control, pero xa parte dun borrador que lle facilita o traballo.
A continuación amósase un exemplo de como comunicar ás familias o calendario escolar 2025/2026 mediante Abalar móbil:
O curso 2025/26 comeza o 10 de setembro de 2025 e remata o 22 de xuño de 2026.
Vacacións de Nadal: do 22 de decembro ao 7 de xaneiro.
Vacacións de Semana Santa: do 2 ao 13 de abril.
O IES informará máis adiante dos dÃas non lectivos de libre disposición.
Con este tipo de apoio, a IA convértese nunha ferramenta tanxible para mellorar a comunicación escolar: menos tempo redactando, mensaxes máis claras e familias mellor informadas.
