yt-dlp é unha ferramenta de liña de comandos moi útil para calquera docente que queira xestionar contido multimedia de diversas plataformas. Vexamos como se instala no sistema e un par de exemplos prácticos.
Instalación de yt-dlp
A seguinte guÃa é especÃfica para sistemas baseados en Debian (como Ubuntu ou o propio Debian):
1. Descarga do executable
Podemos descargar directamente a última versión do executable desde o seu repositorio de GitHub. Para facelo a través do terminal:
cd ~/Descargas wget https://github.com/yt-dlp/yt-dlp/releases/latest/download/yt-dlp
2. Preparación e copia ao sistema
Para que o sistema o recoñeza como unha instrución (comando) accesible desde calquera lugar, debemos darlle permisos de execución e copialo a un directorio do $PATH, como /usr/local/bin.
# Accede como superusuario su root # Dálle permisos de execución ao arquivo descargado chmod +x ~/Descargas/yt-dlp # Copia o executable ao directorio de comandos cp ~/Descargas/yt-dlp /usr/local/bin/ # Volta ao teu usuario normal exit
3. Verificación
Agora xa podes chamar a ferramenta desde o teu usuario, simplemente escribindo yt-dlp no terminal.
Exemplos de uso con yt-dlp
1. Obter unha lista de URLs de vÃdeos dunha canle
Se queres importar un conxunto de vÃdeos dunha canle de YouTube a unha ferramenta como NotebookLM (ou calquera outra que acepte listas de URLs), podes extraer os enderezos:
yt-dlp --flat-playlist --get-url "https://www.youtube.com/@HRom/videos"
Coa instrución, obterás en pantalla todas as url da canle, que no caso de HRom son numerosas, pero neste exemplo escollo as seguintes, por exemplo:
'https://www.youtube.com/watch?v=AVPAGFTchw0' 'https://www.youtube.com/watch?v=OuQZhYCa_uk' 'https://www.youtube.com/watch?v=tQvuIRNOg54' ... (e asà ata ter a lista completa)
Para NotebookLM:
Agora procedes a inserir estas url ao Notebooklm. Non obstante para non ter que inserir unha a unha, podemos valernos da seguinte extensión para Google Chrome: WebSync – Full Site Importer. Instala polo tanto a extensión.
3. Abre o Notebooklm e creas un novo caderno. Para isto podemos inserir a primeira url dos vÃdeos. No nome do caderno podes asignarlle o nome HRom, por exemplo
https://notebooklm.google.com/
Unha vez creado o caderno, pinchamos na extensión WebSync – Full Site Importer e seleccionando o caderno HRom

Seguidamente prememos na pestana “from URL list”, e pegamos o listado de urls, podendo engadir ata 50 en cada un dos cadernos, que obtivemos no paso 1. E pinchas no botón “Import urls”.

2. Descargar só a música (audio) dun vÃdeo
En ocasións, podes precisar música de fondo sen letra (como pistas de karaoke ou instrumentais) para engadir aos teus propios vÃdeos didácticos. Podes extraer só o audio en formato MP3 coa mellor calidade dispoñible:
yt-dlp -x --audio-format mp3 --audio-quality 0 -o a-ha.mp3 https://www.youtube.com/watch?v=dQjvXX3oSw8;
Unha vez descargado, podes importar o ficheiro de audio ao teu editor de vÃdeo preferido.
