Creación de tarxetas de memoria con Notebooklm e Anki

Anki é unha potente ferramenta de aprendizaxe baseada en tarxetas de memoria (flashcards) que emprega o sistema de repetición espazada para optimizar a memorización a longo prazo. Podes instalala en GNU/Linux, Windows e macOS.

1. Instalación de Anki

Como ben sabes, sempre documento para a última versión de Debian, neste caso a versión 13. Nesta versión, a forma de instalación estándar non funciona, debido (entendo eu) a un problema de compatibilidade con Wayland. Afortunadamente, podes instalar o programa mediante un paquete Flatpak. Vexamos o proceso.

Instala o xestor de instalación Flatpak, no caso de que non o teñas aínda instalado:

sudo apt update
sudo apt install flatpak

A continuación, procedemos coa instalación de Anki:

sudo flatpak install https://dl.flathub.org/repo/appstream/net.ankiweb.Anki.flatpakref

Ao iniciar o programa, deberás escoller o idioma da interface:

Captura de pantalla da selección de idioma en Anki

E xa o terás dispoñible. Déixao aberto un momento, pois volveremos con el para importar as preguntas:

Captura de pantalla da interface principal de Anki

2. Crear un caderno e engadir fontes a NotebookLM

a. Entra en NotebookLM, utilizando as credenciais da túa conta de Google, e crea un caderno:

https://notebooklm.google.com/

 

Captura de pantalla da creación dun caderno en NotebookLM

Neste exemplo, como fonte de información para o caderno, engadimos o documental de RTVE, no que estuda “La Celestina”:

'https://www.youtube.com/watch?v=ADKBSo_wUK8'

 

Captura de pantalla da fonte engadida en NotebookLM

3. Prompt para engadir a NotebookLM

Aínda que NotebookLM xa conta cun xerador e visualizador de tarxetas (que é moi interesante), aconsellamos usar Anki. Anki non só presenta as tarxetas de forma aleatoria, senón que tamén insiste naquelas cuestións que o usuario non domina e relaxa os conceptos xa adquiridos, optimizando así o estudo.

Para isto, unha vez engadida a fonte ao NotebookLM, procede a pegar o seguinte prompt para obter as preguntas e respostas para as tarxetas de estudo:

Actúa como un asistente especializado en crear tarxetas Anki (flashcards) a partir do material de entrada.

Instrucións (Resumo):
Aplica o Principio de Atomicidade: Formula preguntas que só requiran unha idea central ou un dato específico como resposta. Evita as respostas de parágrafo longas.

Integridade e Autosuficiencia: Asegúrate de que cada tarxeta teña sentido por si mesma. Se o material é esquemático, completa a resposta con información adicional fundamental e concisa para garantir a total comprensión.

Completude: Asegura que cada tarxeta sexa autosuficiente, engadindo información concisa se o material é moi esquemático.

Fluxo: Mantén a secuencia lóxica do material.

Tipoloxía: Usa Pregunta | Resposta ou, para listas e frases, Frase con {{Oco}} | Contexto (Cloze Deletion).

Formato Estrito de Saída:
Estrutura: Unha tarxeta por liña. Non inclúas introducións nin títulos.

Separador: | (barra vertical) separa Pregunta e Resposta. Se o texto orixinal contén |, substitúeo por | na resposta.

Formato:
Negriña: <b> e Cursivas: <i>.
Listas: Usa <br> para saltos de liña internos na resposta.
Matemáticas: \( ... \) (inline) e \[ ... \] (bloque).
Química: \ce{...} (MathJax).

Resultado (só as tarxetas en castelán):

4. Prepara un ficheiro TXT co resultado

Copia o resultado no portapapeis (Ctrl + C) e abre calquera programa de texto plano que teñas instalado (Kate, Gedit, Mousepad, Bloco de notas, etc.). Pega o contido (Ctrl + V) e gárdao como **Celestina.txt**, por exemplo.

Captura de pantalla coa opción de copiar

5. Importa as preguntas a Anki

Abre novamente o programa Anki. Preme no apartado de Barallas e, a seguir, en “Crear baralla”, co nome “La Celestina”.

Captura de pantalla da sección Barallas en Anki

No mesmo apartado, preme en “Importar un ficheiro“. Mantén as opcións por defecto, agás no apartado Baralla, onde escollerás “La Celestina”. Finalmente, preme no botón “Importar“.

Captura de pantalla das opcións de importación en Anki

Pechas a xanela de confirmación para volver ao programa principal de Anki. Pincha na baralla “La Celestina” e seguidamente no botón “Estudar agora“.

Captura de pantalla coa baralla 'La Celestina' seleccionada

Comezarán a aparecer as preguntas sobre o vídeo. O usuario le a pregunta e responde mentalmente. Despois, pincha no botón “Amosar resposta” e seguidamente escolle unha das opcións:

  • De novo“: Para que a pregunte en menos de 1 minuto (concepto non dominado).
  • Difícil“: En menos de 6 minutos.
  • Ben“: En menos de 10 minutos.
  • Doado“: Para que a pregunte pasados 4 días (concepto superado).

Captura de pantalla dunha pregunta e resposta en Anki

Agora terás que investigar as opcións para editar ou eliminar as preguntas mal formuladas, engadir notas de audio, etc. Sen dúbida, Anki é unha ferramenta moi interesante para os estudantes.

Scroll ao inicio