Na seguinte presentación podes observar as fases que compoñen o método dos bonsais para a memorización literal dun texto, aproveitando as explicacións de Paula e Sara González de @memoriaextrema
Non obstante, ás veces fáltanos imaxinación á hora de facer a simbolización. Aínda que esta técnica debe ser un proceso activo, no que ti mesmo sexas quen cree os símbolos, en ocasións botamos en falta unha ferramenta de IA que nos axude a simbolizar. Velaquí un exemplo feito con Google AI Studio.
PROMPT:
Crea un conxunto de pequenos debuxos mnemotécnicos coas palabras clave do seguinte parágrafo:
“Ante a grave crise e a ameaza xermana, no ano 395 o emperador Teodosio dividiu o Imperio en dúas partes para facilitar a súa defensa : o Imperio romano de Occidente, con capital en Roma, e o Imperio romano de Oriente, con capital en Constantinopla. Cada territorio tiña o seu propio emperador e as súas institucións. En Occidente, os emperadores non deron freado as invasións, pero en Oriente o Imperio mantívose outros mil anos, aínda que pasou a chamarse Imperio bizantino”
E este podería ser o resultado:

