Os docentes necesitamos unha ferramenta áxil, máis que unha de altas prestacións, para xestionar as tarefas cotiás. Por exemplo, para publicar no dÃa a dÃa as notas do diario de aula, como o contido da materia traballada, os deberes asignados, anotacións sobre material a mercar ou apuntamentos a modificar. O ideal é facelo ao rematar a clase, neses minutos de transición entre grupos ou durante o recreo.

Porén, resulta moi práctico usar o móbil e ditar as notas de forma oral, evitando ter que acender o computador, abrir programas, etc. (aÃnda que, obviamente, tamén se pode facer asÃ). Zettlr, con todo, non ten versión para Android ou iOS. A boa nova é que podemos empregar Obsidian, unha ferramenta compatible co sistema de notas en Markdown e, polo tanto, con Zettlr.

O primeiro paso no dispositivo móbil é crear un cartafol. Por exemplo, podes usar o mesmo nome que o espazo de traballo empregado no computador. A continuación, instala o programa Syncthing tanto no computador (ou computadores) como no dispositivo móbil (no hai version de Syncthing para iOS, polo que hai que procurar outra alternativa). Deste xeito, os cartafoles e as notas sincronÃzanse automaticamente, reflectindo no móbil todo o que hai no computador e viceversa.

Despois, instala Obsidian no dispositivo Android e selecciona como bóveda (equivalente ao espazo de traballo ou workspace de Zettlr) o cartafol sincronizado co computador. Xa podes crear cartafoles e notas de forma escrita. Ademais, Obsidian permite usar un micrófono para transcribir a texto todo o que ditas. Iso si, se falas en galego, asegúrate de configurar o teclado nos axustes para que recoñeza o idioma galego e transcriba correctamente.

