Comeza a debuxar con FreeCAD con 5 instrucións

Cando nos enfrontamos a un programa tan completo como FreeCAD para aprender a debuxar en dúas dimensións, vémolo moi complexo debido Ôs múltiples opcións que nos amosa.. Sen embargo para empezar a debuxar non fan falta tantas opcións, e iso é o que vas aprender nesta entrada de blog.

PASO 1. Instalación

Dado que documento normalmente para Debian, e esta distribución prioriza a estabilidade fronte a innovación, e sabendo que FreeCAD mellorou moito a partir da versión 1.0, vexamos como se instala a última versión con empaquetado flatpak.

sudo apt update
sudo apt install flatpak
sudo flatpak install https://dl.flathub.org/repo/appstream/org.freecad.FreeCAD.flatpakref -y

PASO 2. Configura as fiestras e atallos de teclado

O seguinte script estÔ pensado para personalizar a versión de FreeCAD con empaquetado flatpak. No caso de instalar FreeCAD de forma nativa terías que modificar o cartafol de destino do ficheiro user.cfg.

Descarga o seguinte ficheiro, empregando o atallo de teclado Ctrl + S para salvalo:

restaurar_freecad.sh

DÔlle permisos de execución e finalmente execútao:

cd Descargas
chmod +x restaurar_freecad.sh
./restaurar_freecad.sh

Pechas o FreeCAD e volves a abrilo.

PASO 3. Empezamos a debuxar!

O primeiro que debes comprobar na pantalla principal é que estÔs en modo Draft, CAD e en vista superior (top). Aquí estÔn as 5 instrucións mínimas para comezar:

Modo Draft
Modo CAD
Vista superior

INSTRUCIƓN NĀŗ1. LIƑA (tecla L)

Premendo a letra L no teclado, aparece un cadro Ɣ esquerda que indica que estamos na orde liƱa. Para debuxar:

  • Fai clic co rato no punto inicial.
  • Para liƱas horizontais/verticais, mantĆ©n Shift premido e introduce a lonxitude.
  • No panel da esquerda, activa a opción “Relativa”.

Para borrar liƱas:

  • Selecciona a liƱa e preme Supr.
  • Para varias liƱas: Ctrl + E e logo Supr.

Se a pantalla queda negra, vai a: Editar > Preferencias > Visualización > Vista 3D e activa “MSAA 4x”.

Activa tamén o forzado de coordenadas (osnap), por exemplo, punto final e intersección:

Osnap

INSTRUCIƓN NĀŗ2. SEPARACIƓNĀ  (Tecla Q)

Premendo Q, podes facer unha liƱa paralela a outra. No panel da dereita, asegĆŗrate de ter activado o check “Copia”. TamĆ©n pode recibir o nome de Equidist.

Equidist

INSTRUCIƓN NĀŗ3. TRIM (Tecla R)

Permite recortar ou alargar liƱas:

  1. Selecciona a liƱa a modificar.
  2. Preme R.
  3. Fai clic sobre a liƱa lƭmite.

En Debian, se queres eliminar o tramo mƔis longo, preme Ctrl + Alt antes de seleccionar.

Trim

INSTRUCIƓN NĀŗ4. DESPRAZA (Tecla D)

Para copiar elementos xa debuxados:

  1. Selecciona as liƱas con Ctrl + E.
  2. Preme D.
  3. Fai clic en punto orixe e logo no destino.

Comproba que o check “Copia” estĆ” activado.

INSTRUCIƓN NĀŗ5. XIRAR (Tecla X)

Para xirar unha peza:

  1. Selecciona co atallo Ctrl + E.
  2. Preme o botón de “Xirar”.
  3. Define dous puntos para o eixo, e un terceiro para a nova posición.

Desactiva o check “Copia” se non queres duplicar a peza.


Existen moitas mÔis instrucións, pero o obxectivo desta guía é comezar a debuxar sen caer na infotoxicación. Cando domines estas ferramentas, poderÔs engadir mÔis recursos como bloques, capas, polilíneas, acoutamentos, etc.

 

Scroll ao inicio