Artigos


Comeza a debuxar con FreeCAD con 5 instrucións
Cando nos enfrontamos a un programa tan completo como FreeCAD para aprender a debuxar en dúas dimensións, vémolo moi complexo debido ás múltiples opcións que nos amosa.. Sen embargo para empezar a debuxar non fan falta tantas opcións, e iso é o que vas aprender nesta entrada de blog.

PASO 1. Instalación

Dado que documento normalmente para Debian, e esta distribución prioriza a estabilidade fronte a innovación, e sabendo que FreeCAD mellorou moito a partir da versión 1.0, vexamos como se instala a última versión con empaquetado flatpak.
sudo apt update
sudo apt install flatpak
sudo flatpak install https://dl.flathub.org/repo/appstream/org.freecad.FreeCAD.flatpakref -y

PASO 2. Configura as fiestras e atallos de teclado

O seguinte script está pensado para personalizar a versión de FreeCAD con empaquetado flatpak. No caso de instalar FreeCAD de forma nativa terías que modificar o cartafol de destino do ficheiro user.cfg. Descarga o seguinte ficheiro, empregando o atallo de teclado Ctrl + S para salvalo: restaurar_freecad.sh Dálle permisos de execución e finalmente execútao:
cd Descargas
chmod +x restaurar_freecad.sh
./restaurar_freecad.sh
Pechas o FreeCAD e volves a abrilo.

PASO 3. Empezamos a debuxar!

O primeiro que debes comprobar na pantalla principal é que estás en modo Draft, CAD e en vista superior (top). Aquí están as 5 instrucións mínimas para comezar:
Modo Draft Modo CAD Vista superior

INSTRUCIÓN Nº1. LIÑA (tecla L)

Premendo a letra L no teclado, aparece un cadro á esquerda que indica que estamos na orde liña. Para debuxar:
  • Fai clic co rato no punto inicial.
  • Para liñas horizontais/verticais, mantén Shift premido e introduce a lonxitude.
  • No panel da esquerda, activa a opción “Relativa”.
Para borrar liñas:
  • Selecciona a liña e preme Supr.
  • Para varias liñas: Ctrl + E e logo Supr.
Se a pantalla queda negra, vai a: Editar > Preferencias > Visualización > Vista 3D e activa “MSAA 4x”. Activa tamén o forzado de coordenadas (osnap), por exemplo, punto final e intersección:
Osnap

INSTRUCIÓN Nº2. SEPARACIÓN  (Tecla Q)

Premendo Q, podes facer unha liña paralela a outra. No panel da dereita, asegúrate de ter activado o check “Copia”. Tamén pode recibir o nome de Equidist.
Equidist

INSTRUCIÓN Nº3. TRIM (Tecla R)

Permite recortar ou alargar liñas:
  1. Selecciona a liña a modificar.
  2. Preme R.
  3. Fai clic sobre a liña límite.
En Debian, se queres eliminar o tramo máis longo, preme Ctrl + Alt antes de seleccionar.
Trim

INSTRUCIÓN Nº4. DESPRAZA (Tecla D)

Para copiar elementos xa debuxados:
  1. Selecciona as liñas con Ctrl + E.
  2. Preme D.
  3. Fai clic en punto orixe e logo no destino.
Comproba que o check “Copia” está activado.

INSTRUCIÓN Nº5. XIRAR (Tecla X)

Para xirar unha peza:
  1. Selecciona co atallo Ctrl + E.
  2. Preme o botón de “Xirar”.
  3. Define dous puntos para o eixo, e un terceiro para a nova posición.
Desactiva o check “Copia” se non queres duplicar a peza.
Existen moitas máis instrucións, pero o obxectivo desta guía é comezar a debuxar sen caer na infotoxicación. Cando domines estas ferramentas, poderás engadir máis recursos como bloques, capas, polilíneas, acoutamentos, etc.  
Creación de tarxetas de memoria con Notebooklm e Anki

Anki é unha potente ferramenta de aprendizaxe baseada en tarxetas de memoria (flashcards) que emprega o sistema de repetición espazada para optimizar a memorización a longo prazo. Podes instalala en GNU/Linux, Windows e macOS.

1. Instalación de Anki

Como ben sabes, sempre documento para a última versión de Debian, neste caso a versión 13. Nesta versión, a forma de instalación estándar non funciona, debido (entendo eu) a un problema de compatibilidade con Wayland. Afortunadamente, podes instalar o programa mediante un paquete Flatpak. Vexamos o proceso.

Instala o xestor de instalación Flatpak, no caso de que non o teñas aínda instalado:

sudo apt update
sudo apt install flatpak

A continuación, procedemos coa instalación de Anki:

sudo flatpak install https://dl.flathub.org/repo/appstream/net.ankiweb.Anki.flatpakref

Ao iniciar o programa, deberás escoller o idioma da interface:

Captura de pantalla da selección de idioma en Anki

E xa o terás dispoñible. Déixao aberto un momento, pois volveremos con el para importar as preguntas:

Captura de pantalla da interface principal de Anki

2. Crear un caderno e engadir fontes a NotebookLM

a. Entra en NotebookLM, utilizando as credenciais da túa conta de Google, e crea un caderno:

https://notebooklm.google.com/

 

Captura de pantalla da creación dun caderno en NotebookLM

Neste exemplo, como fonte de información para o caderno, engadimos o documental de RTVE, no que estuda “La Celestina”:

'https://www.youtube.com/watch?v=ADKBSo_wUK8'

 

Captura de pantalla da fonte engadida en NotebookLM

3. Prompt para engadir a NotebookLM

Aínda que NotebookLM xa conta cun xerador e visualizador de tarxetas (que é moi interesante), aconsellamos usar Anki. Anki non só presenta as tarxetas de forma aleatoria, senón que tamén insiste naquelas cuestións que o usuario non domina e relaxa os conceptos xa adquiridos, optimizando así o estudo.

Para isto, unha vez engadida a fonte ao NotebookLM, procede a pegar o seguinte prompt para obter as preguntas e respostas para as tarxetas de estudo:

Actúa como un asistente especializado en crear tarxetas Anki (flashcards) a partir do material de entrada.

Instrucións (Resumo):
Aplica o Principio de Atomicidade: Formula preguntas que só requiran unha idea central ou un dato específico como resposta. Evita as respostas de parágrafo longas.

Integridade e Autosuficiencia: Asegúrate de que cada tarxeta teña sentido por si mesma. Se o material é esquemático, completa a resposta con información adicional fundamental e concisa para garantir a total comprensión.

Completude: Asegura que cada tarxeta sexa autosuficiente, engadindo información concisa se o material é moi esquemático.

Fluxo: Mantén a secuencia lóxica do material.

Tipoloxía: Usa Pregunta | Resposta ou, para listas e frases, Frase con {{Oco}} | Contexto (Cloze Deletion).

Formato Estrito de Saída:
Estrutura: Unha tarxeta por liña. Non inclúas introducións nin títulos.

Separador: | (barra vertical) separa Pregunta e Resposta. Se o texto orixinal contén |, substitúeo por | na resposta.

Formato:
Negriña: <b> e Cursivas: <i>.
Listas: Usa <br> para saltos de liña internos na resposta.
Matemáticas: \( ... \) (inline) e \[ ... \] (bloque).
Química: \ce{...} (MathJax).

Resultado (só as tarxetas en castelán):

4. Prepara un ficheiro TXT co resultado

Copia o resultado no portapapeis (Ctrl + C) e abre calquera programa de texto plano que teñas instalado (Kate, Gedit, Mousepad, Bloco de notas, etc.). Pega o contido (Ctrl + V) e gárdao como **Celestina.txt**, por exemplo.

Captura de pantalla coa opción de copiar

5. Importa as preguntas a Anki

Abre novamente o programa Anki. Preme no apartado de Barallas e, a seguir, en “Crear baralla”, co nome “La Celestina”.

Captura de pantalla da sección Barallas en Anki

No mesmo apartado, preme en “Importar un ficheiro“. Mantén as opcións por defecto, agás no apartado Baralla, onde escollerás “La Celestina”. Finalmente, preme no botón “Importar“.

Captura de pantalla das opcións de importación en Anki

Pechas a xanela de confirmación para volver ao programa principal de Anki. Pincha na baralla “La Celestina” e seguidamente no botón “Estudar agora“.

Captura de pantalla coa baralla 'La Celestina' seleccionada

Comezarán a aparecer as preguntas sobre o vídeo. O usuario le a pregunta e responde mentalmente. Despois, pincha no botón “Amosar resposta” e seguidamente escolle unha das opcións:

  • De novo“: Para que a pregunte en menos de 1 minuto (concepto non dominado).
  • Difícil“: En menos de 6 minutos.
  • Ben“: En menos de 10 minutos.
  • Doado“: Para que a pregunte pasados 4 días (concepto superado).

Captura de pantalla dunha pregunta e resposta en Anki

Agora terás que investigar as opcións para editar ou eliminar as preguntas mal formuladas, engadir notas de audio, etc. Sen dúbida, Anki é unha ferramenta moi interesante para os estudantes.

yt-dlp: Unha ferramenta esencial para o docente

yt-dlp é unha ferramenta de liña de comandos moi útil para calquera docente que queira xestionar contido multimedia de diversas plataformas. Vexamos como se instala no sistema e un par de exemplos prácticos.

Instalación de yt-dlp

A seguinte guía é específica para sistemas baseados en Debian (como Ubuntu ou o propio Debian):

1. Descarga do executable
Podemos descargar directamente a última versión do executable desde o seu repositorio de GitHub. Para facelo a través do terminal:

cd ~/Descargas
wget https://github.com/yt-dlp/yt-dlp/releases/latest/download/yt-dlp

2. Preparación e copia ao sistema

Para que o sistema o recoñeza como unha instrución (comando) accesible desde calquera lugar, debemos darlle permisos de execución e copialo a un directorio do $PATH, como /usr/local/bin.

# Accede como superusuario
su root

# Dálle permisos de execución ao arquivo descargado
chmod +x ~/Descargas/yt-dlp

# Copia o executable ao directorio de comandos
cp ~/Descargas/yt-dlp /usr/local/bin/

# Volta ao teu usuario normal
exit

3. Verificación
Agora xa podes chamar a ferramenta desde o teu usuario, simplemente escribindo yt-dlp no terminal.

Exemplos de uso con yt-dlp

1. Obter unha lista de URLs de vídeos dunha canle

Se queres importar un conxunto de vídeos dunha canle de YouTube a unha ferramenta como NotebookLM (ou calquera outra que acepte listas de URLs), podes extraer os enderezos:

yt-dlp --flat-playlist --get-url "https://www.youtube.com/@HRom/videos"

Coa instrución,  obterás en pantalla todas as url da canle, que  no caso de HRom son numerosas, pero neste exemplo escollo as seguintes, por exemplo:

'https://www.youtube.com/watch?v=AVPAGFTchw0' 
'https://www.youtube.com/watch?v=OuQZhYCa_uk' 
'https://www.youtube.com/watch?v=tQvuIRNOg54' 
... (e así ata ter a lista completa)

Para NotebookLM:

Agora procedes a inserir estas url ao Notebooklm. Non obstante para non ter que inserir unha a unha, podemos valernos da seguinte extensión para Google Chrome: WebSync – Full Site Importer. Instala polo tanto a extensión.

3. Abre o Notebooklm e creas un novo caderno. Para isto podemos inserir a primeira url dos vídeos. No nome do caderno podes asignarlle o nome HRom, por exemplo

https://notebooklm.google.com/

Unha vez creado o caderno, pinchamos na extensión WebSync – Full Site Importer e seleccionando o caderno HRom

Seguidamente prememos na pestana “from URL list”, e pegamos o listado de urls, podendo engadir ata 50 en cada un dos cadernos, que obtivemos no paso 1. E pinchas no botón “Import urls”.

2. Descargar só a música (audio) dun vídeo

En ocasións, podes precisar música de fondo sen letra (como pistas de karaoke ou instrumentais) para engadir aos teus propios vídeos didácticos. Podes extraer só o audio en formato MP3 coa mellor calidade dispoñible:

yt-dlp -x --audio-format mp3 --audio-quality  0 -o a-ha.mp3  https://www.youtube.com/watch?v=dQjvXX3oSw8;

Unha vez descargado, podes importar o ficheiro de audio ao teu editor de vídeo preferido.

Cando Debian non aparece no idioma desexado e non sincroniza o reloxo

En ocasión ao instalar algunha imaxe de Debian, non resolven ben o do idioma. Elixindo o idioma galego (gl_ES.UTF-8), ao iniciarse o sistema aparece en inglés con todos os cartafoles tamén en inglés en vez de estar no idioma galego. Vexamos como se resolve, para que apareza no idioma desexado:

sudo apt install locales

sudo dpkg-reconfigure locales

sudo reboot

sudo locale-gen gl_ES.UTF-8

sudo localectl set-locale LANG=gl_ES.UTF-8

Saímos de root, e dirixímonos ao usuario que empregamos a cotío. Desde alí reconfiguramos o nome dos cartafoles do /home/usuario

xdg-user-dirs-update --force

No caso de que teñas o escritorio Plasma, pode ser que aínda facendo o anterior non o resolvas. Para iso editas o seguinte ficheiro para cada usuario que empregues:

nano ~/.config/plasma-localrc

Quedando así:

[Formats]
LANG=gl_ES.UTF-8

Para que sincronice a hora:

sudo apt install systemd-timesyncd

Comprobamos que esta activado o servizo

sudo timedatectl status

 

Optimizar Debian 13 en equipos antigos
# 1. INSTALAR XFCE
sudo apt update
sudo apt install xfce4 xfce4-goodies
sudo apt install xfce4-taskmanager xfce4-terminal mousepad

# 2. INSTALAR LIGHTDM (XESTOR DE INICIO LIXEIRO)
sudo apt install lightdm lightdm-gtk-greeter
sudo dpkg-reconfigure lightdm  # Seleccionar lightdm cando apareza o menú
systemctl status lightdm       # Verificar que está activo

# 3. INSTALAR E CONFIGURAR ZRAM (SWAP COMPRIMIDO EN RAM)
sudo apt install zram-tools
sudo nano /etc/default/zramswap  # Configurar: ALGO=lz4, PERCENT=25, PRIORITY=100
sudo systemctl enable --now zramswap
free -h  # Verificar que aparece swap comprimido

# 4. DESACTIVAR SERVIZOS NON ESENCIAIS
systemd-analyze blame          # Ver tempo de arranque por servizo
systemd-analyze critical-chain # Ver cadea crítica de arranque

# Desactivar servizos específicos
sudo systemctl disable --now cups.service
sudo systemctl disable --now avahi-daemon.service
sudo systemctl disable --now bluetooth.service

# Verificar estado dos servizos
systemctl is-enabled cups.service

# 5. INSTALAR KERNEL LIQUORIX (OPTIMIZADO)
sudo apt install curl
curl -s 'https://liquorix.net/install-liquorix.sh' | sudo bash
sudo apt install linux-image-liquorix-amd64
sudo systemctl reboot  # Reiniciar despois da instalación

# Despois do reinicio, verificar:
uname -r  # Debería mostrar "liquorix"

# 6. OPTMIZACIÓNS ADICIONAIS
sudo apt install preload  # Precarga intelixente

# Axustar swappiness
echo 'vm.swappiness=10' | sudo tee -a /etc/sysctl.conf

# Aumentar límite de procesos
echo 'kernel.pid_max=32768' | sudo tee -a /etc/sysctl.conf

# Optimizar planificador de E/S para SSDs
echo mq-deadline | sudo tee /sys/block/sda/queue/scheduler

# Optimizar planificador de E/S para HDDs (con Liquorix)
echo bfq | sudo tee /sys/block/sda/queue/scheduler

# Configurar governor de CPU para mellor rendemento
echo performance | sudo tee /sys/devices/system/cpu/cpu*/cpufreq/scaling_governor

 #7. FERRAMENTAS DE MONITORIZACIÓN
sudo apt install htop iotop nethogs ncdu inxi

# Comandos útiles para diagnóstico:
htop                  # Monitor de procesos
iotop                 # Monitor de E/S
free -h               # Uso de memoria
df -h                 # Espazo en disco
inxi -F               # Información completa do sistema
ps aux --sort=-%mem | head  # Ver procesos que máis RAM usan
systemd-analyze time  # Ver tempo de arranque do sistema
ncdu /                # Analizar uso de espazo en disco

# 8. REACTIVAR SERVIZOS (SE É NECESARIO)
sudo systemctl enable --now nome-do-servizo.service

# NOTAS IMPORTANTES:
# - Despois de instalar o kernel Liquorix, DEBES REINICIAR o sistema
# - Durante a instalación de LightDM, selecciona 'lightdm' no menú
# - Verifica o estado dos servizos antes de desactivalos
# - Fai sempre unha copia de seguridade antes de cambios importantes
Percorrido histórico polo Laxe de 1910 ata 1960

A IA para a edición de vídeo avanza a paso lixeiro. Unha experiencia moi interesante é a recreación histórica do pobo de Laxe desde 1910 ata 1960 en plana ditadura, feita por

Instalación alternativa de Piztu en Windows

Cando falla o procedemento estándar de instalación definido no manual do programa https://wordpress.piztu.org/manual-do-aplicativo-piztu/, procedemos desta forma alternativa:

1.- Descargar Python

a. Diríxete á páxina web de Python: https://www.python.org/

b. Descarga a última versión dispoñible de Python. No momento da redacción é a versión 3.13.7.

2. Instala Python

a. Marca os dous selectores: “Use admin privilegies when installing py.exe” e “Add python.exe to PATH”

b. Preme en “Customize installation”

Na seguinte fiestra, debes manter todas as opcións por defecto, e polo tanto tan só hai que premer no botón “Next”

 

E na seguinte pantalla, seleccionas “Install 3.13 for all users” e “Download debugging simbols”, mantendo seleccionadas a 4 marcadas por defecto.. Finalmente premes en “Install”

Ao rematar a instalación, comproba que está instalado tanto Python como PIP. Para iso abres un terminal (Windows + R e escribes cmd)
python –version
(o sistema responde Python 3.13.7)
pip –version
(o sistema responde pip 25.2 from C:\Program Files\Python313\Lib\site-packages\pip (python 3.13)

3. Abre manualmente o porto 8000
Como a API de Zettlr comunícase co http insterno a través do porto 8000, deberemos de abrilo. Nalgún equipo este proceso faise automaticamente, pero noutros non, polo que procedemos a abrilo manualmente:
a. Premes a combinación de teclas Windows + S e escribes “Firewall”, e seleccionado Firewall de Windows Defender con seguridade avanzada”

b. Na ventá do Firewall no panel esquerdo, fai clic en Regras de entrada. Seguidamente no panel dereito selecciona Nova regra. Escolle porto e preme en seguinte.

Seleccionas TCP e escribes 8000 no campo Portos locais específicos

E introduces un nome, por exemplo Zettlr_8000. Repites o proceso para en Regras de saída.

4. Instalas  a versión 25.8.2 de Zettlr, podendo facelo, tanto para o teu usuario ou para todos os usuarios do computador, sen ter que facer nada específico máis aló de premer en seguinte. Se aparece unha ventana emerxente indicando que Python desexa facer cambios no teu equipo, premes no botón Si. Unha vez finalizada a instalación e posta en marcha, cada vez que abras o programa fará a mesma pregunta, pero responderás con Non (falta axustar na programación para que antes de facer esta pregunta, comprobe se compre as condicións de traballo e polo tanto conta co porto 8000 aberto).

5. No aplicativo Zettlr premes no botón 0.Rexistro_e_descarga. En primeiro lugar rexístraste, indicando o Nome e Apelidos, o teu correo electrónico (que será o usuario a empregar cando te loguees) e o contrasinal. Seguidamente loguéaste co correo electrónico e contrasinal e finalmente premes en 3. Descargar scripts e instalar

Mantén actualizado o teu computador con Topgrade

Topgrade é unha ferramenta poderosa que simplifica a actualización de todo o software do teu sistema cunha soa orde. Actualiza o sistema operativo, paquetes Snap, Flatpak, contenedores, librerías de Python e moito máis. A continuación, presentamos unha guía clara e optimizada para instalar e configurar Topgrade en sistemas baseados en Debian/Ubuntu, asegurando un proceso eficiente e seguro.


https://github.com/r-darwish/topgrade

Requisitos Previos

Antes de comezar, asegúrate de ter privilexios de administrador e unha conexión estable a internet. Ademais, é necesario instalar Rust, xa que Topgrade está escrito nesta linguaxe.

Paso 1: Instalación de Rust

  1. Actualiza o sistema e instala as dependencias necesarias:

    sudo apt update
    sudo apt install -y curl build-essential pkg-config libssl-dev
  2. Descarga e instala Rust utilizando o script oficial:

    curl --proto '=https' --tlsv1.2 -sSf https://sh.rustup.rs | sh
  3. Engade o directorio de Cargo ao PATH para o usuario root:

    echo 'export PATH="$HOME/.cargo/bin:$PATH"' >> ~/.profile
    source ~/.profile
  4. Verifica a instalación de Rust e Cargo:

    rustc --version
    cargo --version

Paso 2: Instalación de Topgrade

  1. Instala Topgrade usando Cargo desde root:

    cargo install topgrade
  2. Instala dependencias adicionais necesarias:

    cargo install cargo-update

Paso 3: Execución de Topgrade

Para actualizar todo o sistema, executa:

topgrade

Nota: Recoméndase executar Topgrade con privilexios de root para garantir que todos os compoñentes do sistema se actualicen correctamente.

Paso 4: Configuración de Actualizacións Automáticas

Para automatizar as actualizacións cada 60 minutos, crea un servizo e un temporizador de systemd.

  1. Crear o servizo Topgrade:

    sudo nano /etc/systemd/system/topgrade.service

    Engade o seguinte contido:

    [Unit]
    Description=Executa Topgrade para actualizar o sistema
    After=network-online.target
    
    [Service]
    Type=oneshot
    ExecStart=/root/.cargo/bin/topgrade -y
    
    [Install]
    WantedBy=multi-user.target
  2. Crear o temporizador:

    sudo nano /etc/systemd/system/topgrade.timer

    Engade o seguinte contido:

    [Unit]
    Description=Temporizador para executar Topgrade cada 60 minutos
    
    [Timer]
    OnBootSec=10min
    OnUnitActiveSec=60min
    Persistent=true
    
    [Install]
    WantedBy=timers.target
  3. Habilitar e iniciar o temporizador:

    sudo systemctl daemon-reload
    sudo systemctl enable topgrade.service
    sudo systemctl enable topgrade.timer
    sudo systemctl start topgrade.timer
  • Seguridade: Executar Topgrade con privilexios de root é necesario para actualizar todos os compoñentes do sistema, pero revisa sempre as actualizacións para evitar cambios non desexados.

Con Topgrade, manter o teu sistema actualizado é máis sinxelo ca nunca. Automatiza as túas actualizacións e goza dunha xestión eficiente do software!

Como simplificar as comunicacións con Abalar móbil

Unha das tarefas máis frecuentes para os docentes é manter informadas ás familias. Aínda que ás veces se precisa un correo máis longo e detallado, en moitas ocasións chega cunha mensaxe breve a través de Abalar móbil. O reto está en condensar información oficial —como o calendario escolar, reunións ou avisos de última hora— en poucas liñas, sen perder claridade. Se o redactamos a man, pode levar tempo atopar as palabras xustas, revisar posibles erros ou repetir varias veces a mensaxe ata que quede axeitada.

Created with GIMP

Aquí é onde resulta moi útil recorrer a ferramentas de intelixencia artificial como Perplexity. Basta con indicar a fonte da información (por exemplo, o calendario escolar publicado pola Xunta de Galicia) e pedir que nos xere unha comunicación pensada para ser enviada por Abalar móbil. En segundos obtemos unha proposta clara, concisa e lista para enviar ou revisar.

A vantaxe é evidente: afórrase tempo, evítanse erros e conséguese unha mensaxe ben estruturada que chega á familia da forma máis sinxela posible. O docente segue a ter o control, pero xa parte dun borrador que lle facilita o traballo.

A continuación amósase un exemplo de como comunicar ás familias o calendario escolar 2025/2026 mediante Abalar móbil:


O curso 2025/26 comeza o 10 de setembro de 2025 e remata o 22 de xuño de 2026.
Vacacións de Nadal: do 22 de decembro ao 7 de xaneiro.
Vacacións de Semana Santa: do 2 ao 13 de abril.
O IES informará máis adiante dos días non lectivos de libre disposición.


Con este tipo de apoio, a IA convértese nunha ferramenta tanxible para mellorar a comunicación escolar: menos tempo redactando, mensaxes máis claras e familias mellor informadas.

Piztu, a navalla suiza dun docente

Cada docente precisa unhas ferramentas específicas para a xestión da aula, xa que cada unha é distinta e, ademais, a práctica docente vai cambiando co tempo. Piztu tenta dar resposta a esta necesidade, proporcionando unha máquina tractora á que calquera docente pode adaptar o aparello de traballo que precise. Vexamos un exemplo!

Imaxinemos un docente que necesite un sistema de corrección de textos, que xa nos permite previsualizar aplicacións na avaliación, por exemplo. Podemos pedirlle a unha IA que, partindo dun script (como o empregado no botón 11, “Editor AI”), o modifique para que cargue o texto dunha nota activa, o corrixa e o garde na mesma nota, substituíndo o orixinal. Poderiamos pedir que fixese calquera outra cousa, pero sigamos co exemplo:

  1. Abrimos unha IA, por exemplo, https://grok.com, e xuntamos o script 11, que está no cartafol de traballo, dentro do subcartafol .scripts. No meu caso, chamei ao cartafol de traballo “informes” e está na ruta /home/usuario/informes (se usas Windows, a explicación é a mesma). Lembra que o cartafol .scripts está oculto, e para visualizalo terás que premer a combinación de teclas Ctrl+H ou ir ao menú e escoller a opción “Mostrar os ficheiros agochados”.

Se abrimos o subcartafol .scripts e, a continuación, o cartafol 11. Editor IA, facilitarémoslle á intelixencia artificial o ficheiro ai_prompt.py.


No prompt da intelixencia artificial, indicarémoslle o que desexamos. Por exemplo, o seguinte, que, por suposto, é mellorable:

“Quero crear un novo script, e posiblemente o ficheiro ai_prompt.py poida servirnos de axuda. Desexo facer un cambio na interface: na primeira columna, substitúe o cadro de ‘Resultado da IA’ por ‘Contido da nota activa’. Concretamente, quero que o script cargue neste novo cadro o contido da nota activa. Na mesma columna, na parte inferior, mantense o prompt, pero cun prompt editable por defecto. O prompt por defecto sería: ‘Corrixe o texto, tanto gramaticalmente como na ortografía e no léxico, en galego, do contido que aparece no cadro de texto “Contido da nota activa”‘. Na columna da dereita, quero que apareza o cadro de ‘Resultado da IA’, onde se mostre o resultado do texto corrixido. O resto das opcións e funcionalidades deben manterse. Polo tanto, a funcionalidade do novo script, que chamaremos corrixe.py, é cargar o contido da nota activa, corrixilo e visualizalo, coa opción de autogardado da nota activa coas correccións.”

Crearás no cartafol un novo subcartafol co nome que desexes, por exemplo, 13. Corrixe, e dentro del gardarás os tres ficheiros que che proporcionou a IA.

Ademais, pedirémoslle que xere os ficheiros requirements.txt e metadata.yaml (para este último, podemos facilitarlle un exemplo xa feito para que manteña o formato).

https://drive.google.com/file/d/1h5oRhiPn45zI4SjI4UtrCid-kMvLvNhB/view?usp=sharing


É importante ter en conta que cada vez que executes “Rexistro e descarga”, eliminarás toda a información do cartafol .scripts. Por iso, cada vez que crees un script, debes gardalo nun lugar seguro. Ademais, periodicamente, é recomendable descargar os scripts mediante o procedemento de “Rexistro e descarga” para contar coas melloras e solucións de erros.

5. E debe aparecer automaticamente na columna da dereita do Zettlr, grazas ao servizo da api.

6. Para probar o script, mandeille crear un un conto en galego de 200 palabras con erros ortográficos, gramaticales ou de léxico:

Eráse unha ves, un neno mui pequeno que se chamaba Xosé. Tiña un perro, que era mui feo, mais el queríale moito. Un dia, ía paseando cunha amiga, que tamén se chamaba Xosé, pola rua. De repente, miraron a un gato que se comía un peixe. O perro de Xosé, que era mui listo, corréu pra el e empesou a ladrar. O gato, que non tiña medo de nada, dixo: “Ai, que ben me caedes, venide conmigo e seremos amiguos”. Os nenós, mui contentos, dixeron: “Nos non somos nenós, somo nenos”. O gato, con cara de non saber nada, respostó: “Tanto me da, o caso é que somos amigos”. E enton, o gato, os dous nenós e o perro mui feo, foron a o seu casa a xugar. Eran mui felices, porque se coidaban moito uns aos outros, e Xosé, o neno, dicía que o seu perro era mui “precioso”, a pesar de que fose feo. Fin.

7. Unha vez creado, creas unha nova nota onde pegas o texto anterior. Gardas. 8. Abres o novo script, adaptas o prompt ás túas preferencias e corriges o texto, podendo gardalo na nota activa substituíndo o anterior.


Como podes observar, é sinxelo axustar un script para adaptalo á túa forma de traballar, e as funcionalidades que se lle poden dar a Piztu son, en verdade, innumerables. Sería moi ben que compartises os teus scripts cos teus compañeiros para que, á súa vez, eles os modifiquen, os melloren e os compartan de novo. Para iso, podes facelo na canle de Telegram: https://t.me/+VNJJ-F91EDNiYzhk.

Esta é a maxia do software libre 😉

Motor LLM no teu computador

Para aquelas persoas preocupadas pola privacidade dos seus datos, é posible instalar unha intelixencia artificial (IA) en local, evitando o envío de información a servidores externos. Unha opción destacada é Jan, unha ferramenta de código aberto que funciona como alternativa a ChatGPT e opera 100 % sen conexión. En concreto, o modelo Jan V1, baseado no modelo Qwen3-4B-thinking, ten un tamaño compacto de só 2,1 GB, o que sorprende polo seu rendemento eficiente en dispositivos con recursos limitados.

Jan permite executar modelos de linguaxe locais (LLMs) como Llama, Gemma, Mistral ou Qwen, directamente no teu computador ou dispositivo móbil, garantindo que os teus datos non saian da túa máquina. Ademais, ofrece a posibilidade de conectarse a APIs remotas como Groq ou OpenRouter, se necesitas funcionalidades adicionais, mantendo sempre o control sobre a túa información.

https://jan.ai

Editar notas con voz en Android ou iOS

Os docentes necesitamos unha ferramenta áxil, máis que unha de altas prestacións, para xestionar as tarefas cotiás. Por exemplo, para publicar no día a día as notas do diario de aula, como o contido da materia traballada, os deberes asignados, anotacións sobre material a mercar ou apuntamentos a modificar. O ideal é facelo ao rematar a clase, neses minutos de transición entre grupos ou durante o recreo.

Porén, resulta moi práctico usar o móbil e ditar as notas de forma oral, evitando ter que acender o computador, abrir programas, etc. (aínda que, obviamente, tamén se pode facer así). Zettlr, con todo, non ten versión para Android ou iOS. A boa nova é que podemos empregar Obsidian, unha ferramenta compatible co sistema de notas en Markdown e, polo tanto, con Zettlr.

O primeiro paso no dispositivo móbil é crear un cartafol. Por exemplo, podes usar o mesmo nome que o espazo de traballo empregado no computador. A continuación, instala o programa Syncthing tanto no computador (ou computadores) como no dispositivo móbil (no hai version de Syncthing para iOS, polo que hai que procurar outra alternativa). Deste xeito, os cartafoles e as notas sincronízanse automaticamente, reflectindo no móbil todo o que hai no computador e viceversa.

Despois, instala Obsidian no dispositivo Android e selecciona como bóveda (equivalente ao espazo de traballo ou workspace de Zettlr) o cartafol sincronizado co computador. Xa podes crear cartafoles e notas de forma escrita. Ademais, Obsidian permite usar un micrófono para transcribir a texto todo o que ditas. Iso si, se falas en galego, asegúrate de configurar o teclado nos axustes para que recoñeza o idioma galego e transcriba correctamente.



Scroll ao inicio