Ao instalar unha imaxe de Debian, pode ocorrer que o sistema non configure correctamente o idioma. Se escolles o idioma galego (gl_ES.UTF-8), o sistema pode iniciar en inglés e mostrar os cartafoles nesa lingua, en vez de en galego. Aquí está o proceso para resolver esta situación e establecer o idioma preferido:
sudo apt install locales sudo dpkg-reconfigure locales sudo reboot sudo locale-gen gl_ES.UTF-8 sudo localectl set-locale LANG=gl_ES.UTF-8
Saia da sesión de root e entre como usuario habitual. Desde a conta de usuario, proceda a reconfigurar os nomes dos cartafoles no directorio /home/usuario:
xdg-user-dirs-update --force
Se está a utilizar o escritorio Plasma, é posible que os pasos anteriores non sexan suficientes. Neste caso, debe editar o seguinte ficheiro para cada usuario:
nano ~/.config/plasma-localerc
A configuración debe ser a seguinte:
“`
[Formats]
LANG=gl_ES.UTF-8
“`
Para sincronizar a hora:
sudo apt install systemd-timesyncd
Verifique que o servizo estea activado:
sudo timedatectl status
