
PiztuPiztu é unha personalización específica do software Zettlr, na que se introduciron modificacións no seu código. Zettlr é un editor de ficheiros Markdown de propósito xeral, un proxecto desenvolvido e programado polo alemán Hendrik Erz, distribuído baixo a licenza GPL-3.0.
Quero expresar a miña gratitude a Hendrik polo seu excepcional traballo, sen o cal non sería posible desenvolver Piztu. Por iso, o mérito de Piztu recae en gran medida nel. Podes obter máis información sobre o proxecto Zettlr en:

Cómpre salientar que Piztu é unha adaptación do programa Zettlr, pensada especialmente para ser unha ferramenta útil para os docentes. Como se explicará máis adiante, pode personalizarse con facilidade para adaptarse a outros colectivos e actividades profesionais.
É importante ter en conta que, se instalas unha actualización de Zettlr, perderás todas as funcionalidades específicas de Piztu.
E para que nos pode servir Piztu na nosa actividade docente? Aquí van algunhas das súas posibilidades:
E para que nos pode servir Piztu na nosa actividade docente?
- Un editor de textos.
- Un sistema para organizar a información do alumnado e da materia
- Xestión das incidencias e notas de aula
- Diario da materia por sesións
- Creación automatizada de informes de titoría
- Creación de seguimentos las unidades didácticas
- Edición do libro de actas do departamento
- Memoria final de curso
- Un editor con IA para crear material didáctico, prácticas, exames
- Un tradutor a múltiples idiomas
- Seguimento da programación
- Edición en Markdown e LaTeX